Kaleidoskópio é unha colección de recursos didácticos en liña para traballar a cidadanía global na clase. Cada un dos proxectos aborda un tema específico e combina metodoloxías socioafectivas, aprendizaxe cooperativa, análise crítica, investigación de accións, etc., a través dunha plataforma virtual e multilingüe que permite escoller o idioma no que desenvolver a actividade (español, galego, Catalán e éuscaro).
Cada unha das propostas está adaptada a diferentes franxas de idade para que os profesores poidan escoller a que mellor se adapte ao seu grupo-clase (6-8 anos, 8-10 anos, 10-12 anos, 12-14 anos, 14- 17 anos).
O proxecto non ten un horario específico e está deseñado para dedicar entre 9-12 horas aproximadamente, sen embargo, é o suficientemente flexible como para permitir que cada profesor adapte o desenvolvemento das actividades ás súas necesidades e demandas curriculares.
Estes son os proxectos que podes atopar nesta colección:
Cofinanciado por